CS Atreu:Proxección de CheckpointRock, Cancións desde Palestina.

Unha viaxe por un dos lugares sobre o que o mundo ten
posta sempre a súa ollada, pero de que o descoñecemos case
todo. Cal é a música que pon voz e melodía a este lugar
mítico? Quen son os seus músicos máis representativos e
como viven? Que pensan do destino único que lles tocou
vivir e como o enfrontan a través das súas letrase as súas melodías?
Dos anuncios publicitarios e o neon de Tel Aviv á pobreza
e desesperanza dos territorios ocupados de Cisxordaniae o
gran campo de concentración en que converteron a franxa
de Gaza, con este “Checkpoint Rock” compartiremos con
músicos moi distintos, de vila en vila e de checkpoint en
checkpoint, un percorridoque cambiará a visión que temos
deste pobo en conflito e tamén anós mesmas.

http://www.facebook.com/event.php?eid=119528534744668
Date:
Wednesday, May 19, 2010
Time:
8:00pm - 10:30pm